Convidado por Jean-Luc Mélenchon, representará a Anova-Irmandade Nacionalista. Tamén participa, días antes, nun debate organizado pola prestigiosa revista de pensamiento político "Viento Sur" en Madrid.

Esta semana o Portavoz Nacional de ANOVA-Irmandade Nacionalista participa en diversas antividades políticas internacionais de relevancia en representación da organización.

Comeza a súa xira coa participación o mércores 20 nunha mesa redonda organizada pola revista de pensamento poítico "Viento Sur" en Madrid sobre temas candentes como o papel da esquerda na Unión Europea, a esquerda alternativa ou o papel dos movementos sociais. Será ás 11.30 h en Radio Vallekas, na rúa Puerto del Milagro nº 6. Xunto a Beiras, estarán tamén Quim Arrufat (CUP), Sabino Cuadra (Amaiur), Laia Ortiz (ICV), Adoración Guamán (IU-PV) e Raúl Camargo (Izquierda Anticapitalista).

A partires do xoves 21 XM Beiras participa nas actividades das delegacións internacionais organizadas polo Parti de Gauche con motivo do seu congreso na cidade de Burdeos. Con esta presenza de XM Beiras en representación de ANOVA, convidada polo lider do Parti de Gauche Jean-Luc Mélenchon, a nosa organización continúa coas súas relacións internacionais á procura de novas fórmulas para o traballo da esquerda social e política.

  FOTO: Benoit Tessier/ REUTERS