A Coordinadora Nacional de ANOVA, reunida en Santiago na súa sesión do pasado sábado 11 de maio, acordou, entre outras cosas, previo informe do seu Portavoz Nacional Xosé Manuiel Beiras e a proposta da súa Permanente Nacional, estabelecer contactos formais co Bloque Nacionalista Galego, pero adiando os mesmos até o remate da súa vindeira 1ª Asemblea Nacional dos días 8 e 9 de xuño, correspondendo por tanto á nova dirección saínte da mesma a formalización dos mesmos.

Este máximo órgano entre asembleas tamén ditaminou os textos que continuan a debate nas asembleas tanto da Tese Política coma da Tese Organizativa. Asimesmo aprobáronse e foron remitidas á militancia os primeiros borradores de Regulamento e Carta FInanceira para o seu debete previo ao ditamen dos mesmos na próxima coordinadora que terá lugar o 25 deste mes.