Ferrolterra esixe solucións. Estamos fartas de promesas incumplidas. Chamamos á cidadanía a que apoien activamente a Folga Xeral de mañá día 12.

 

Ferrolterra esixe solucións:

Ao desemprego que pasou dunha taxa do 16% ao 32% no último ano, ao peche continuado de empresas, á emigración da nosa mocidade.

Solucións ao desmantelamento do sector naval que se reflicte no aínda vixente veto á Navantia Fene.

Solucións á fuga de operarios especializados para outros paises europeos e sudamericáns na procura do traballo que se lles nega na súa Terra.

Solucións á sangría da perda constante de empregos en Navantia Ferrol: máis de 2000 no último ano.

Solucións para aos/ás que perderon o seu emprego (1500 postos de traballo) pola política de desmantelamento do sector eólico.

Solucións á perda constante de poboación coas gravísimas consecuencias económicas e socioculturais para o futuro da nosa comarca: máis de 30.000 veciños e veciñas nos derradeiros 15 anos.

Precisamos un proxecto para hoxe: carga de traballo para Navantia e o dique flotante.

Precisamos dun proxecto de futuro acompañado de medidas políticas e económicas que vaian na liña de rachar con esta deriva que vimos mantendo nos derradeiros 30 anos. Medidas dirixidas as infraestructuras: (tren ao porto exterior), ao saneamento da ría, ao sector pesqueiro e agro-gandeiro. Nunha palabra: un plano de diversificación industrial.

Precisamos que os dirixentes do PP e os seus cargos públicos lle fagan un último servizo a esta comarca e presenten a súa demisión.

En Anova estamos convencidos que a cidadanía faría unha lectura positiva de tal decisión na liña de interpretala como unha medida de presión e de denuncia do abandono a que nos teñen sometidos os distintos gobernos.

E precisamos disto porque estamos fartos e fartas de promesas incumpridas.

Chamamos á cidadanía a que apoien activamente a Folga Xeral de mañá día 12.