Anova denuncia o flagrante incumprimento do dereito internacional co avión presidencial de Bolivia. Este tipo de actos de auténtica piratería deixan en evidencia a submisión dos gobernos europeus ao imperio USA.

 

Acabamos de asistir a un flagrante incumplimento do dereito internacional ao impedir o paso dun avión sobre o espazo aéreo español, tanto máis grave canto que se trata do avión Presidencial dun estado soberano e presuntamente amigo do Estado Español.

Esta ominosa actitude contrasta coas facilidades que se deron no seu momento á aviación militar USA para trasladar ilegalmente a cidadáns secuestrados cara a base militar de Guantánamo e pon en evidencia o servilismo e a dependencia dos Gobernos Españois ao "amigo americano", auténtico xendarme mundial que practica métodos fascistas para impoñer o seu "ordeno e mando".

Dende ANOVA comprendemos e participamos da indignacioón das chancelerías latinoamericanas ante este incríbel acto de piratería internacional e de falta de respecto a pobos soberanos.