Anova esixe a dimisión inmediata de Rajoy e a apertura dun proceso constituínte, que parta da realidade plurinacional do Estado e da fórmula republicana.

ANOVA-Irmandade Nacionalista ante a situación indescritíbel, ante unha sociedade civil atónita e indignada, ante a tamaña proliferación de casos de corrupción e de desvergoña dos gobernantes do PP solicita:

  1. A inmediata dimisión do presidente do Goberno Mariano Rajoy e do seu Goberno.
  2. Convocar unhas Eleccións Xerais a Cortes con carácter constituínte que poñan remate á podremia desta 2ª restauración borbónica, que parta da realidade plurinacional do Estado e da fórmula republicana para poñer o Estado ao servizo das cidadanías das diversas nacións que o integramos e proceder mediante unha creba democrática a limpar todo o lixo acumulado nestas décadas.
  3. Calquera outro tipo de dimisión a secas, ou acompañada de petición de Elección Xerais sen ese carácter constituínte, como andan a pedir os partidos do pacto da reforma política, non deixan de ser panos quentes para a gravidade da creba de sistema e fórmula política do Estado español.

Permanente da Coordinadora Nacional de ANOVA
15 de xullo de 2013