A decisión da UE sobre o Tax-Lease supón un ataque á liña de flotación do naval galego, xa duramente masacrado pola falta de defensa do sector por parte do Goberno Español e da Xunta de Galiza

Esta decisión do comisario da Competencia, o español Joaquín Almunia, deixa o sector agonizante e ao borde do abismo.

O tax lease foi unha ferramenta que o Estado español puxo ao servizo dos estaleiros, estruturadores e armadores, e polo tanto ten que facerse responsábel da súa devolución. No caso de Galiza, a desfeita acada magnitudes catastróficas nunha economía moi desindustrializada e nun País no que de novo a xente ten que marchar fóra a traballar. A única saída é que o Goberno español sexa quen asuma a devolución das axudas declaradas ilegais pola Comisión Europea.

Esíximos publicamente aos Presidentes do Goberno e de Galiza accións contundentes para avalar o novo sistema de bonificación fiscal e para xerar confianza nos armadores, o que permitiría ao sector contar con financiación e ter acceso a novos contratos, e que Galiza deixe de ser sempre a "pagana" das polítcas do capital financeiro europeu que se aceita submisamente.