Tendo recoñecido RENFE e ADIF que o accidente se podería ter evitado se estiveran instaladas as medidas de seguridade esixidas a unha rede de alta velocidade e que algunhas das instaladas non estaban en funcionamento, a responsabilidade penal é evidente.

Anova esixiu publicamente a constitución dunha comisión de investigación no Parlamento de Galiza, comisión que ten por obxecto non só a investigación das causas do accidente senón tamén o estado xeral de seguridade da rede ferroviaria a nivel xeral e do tramo Santiago-Ourense en particular.

ANOVA pedirá a imputación penal do presidente de Renfe, do Secretario de Estado de Infraestruturas e dos administradores das sociedades adxudicatarias dos contratos de execución e mantemento das instalacións de sinalización e seguridade, se a investigación en marcha confirma estas evidencias.

Anova esixiu publicamente a constitución dunha comisión de investigación no Parlamento de Galiza, comisión que ten por obxecto non só a investigación das causas do accidente senón tamén o estado xeral de seguridade da rede ferroviaria a nivel xeral e do tramo Santiago-Ourense en particular.
O Parlamento galego, como expresión político-representativa da cidadanía galega, é competente para tal obxecto, para tirar as súas conclusións e resultados, e así determinar as responsabilidades políticas que se deriven.

Estando un procedemento penal en fase de dilixencias previas e que, como tal, deriva en investigación das causas do accidente no que se van dilucidar as responsabilidades penais ás que houbera lugar, e tendo recoñecido RENFE e ADIF que o accidente se podería ter evitado se estiveran instaladas as medidas de seguridades esixidas a unha rede de alta velocidade e que algunhas das instaladas non estaban en funcionamento, a responsabilidade penal é evidente.
Instalando sistemas de seguridade a posteriori do accidente como aconteceu, ADIF e RENFE estanse de feito "autodenunciando" coas súas declaracións, abundando a maiores na súa responsabilidade. Corresponde por tanto a imputación penal dos seus responsábeis.

Débese estender a esixencia de responsabilidades ás empresas adxudicatarias dado que, tal e como consta acreditado por declaracións públicas e polos propios feitos, determinadas medidas de seguridade, xa instaladas, non estaban en funcionamento operativo. A responsabilidade das adxudicatarias é tamén evidente.
En consecuencia, xunto aos responsables de ADIF e RENFE tamén se debe esixir a imputación dos administradores de ditas sociedades.