O asasinato de Alexandre Bóveda representa o intento de exterminio do pobo galego consciente, un pobo en pé que reclamaba ser suxeito político

Bóveda é un facho, unha "labarada que chega ao ceo" no regueiro de mortes dun réxime totalitario de terror que non deixou de matar, do 36 ao 75

Anova decidiu apoiar os actos programados pola Fundación Alexandre Bóveda para o 17 de agosto. Así mesmo, Anova participará nos actos de homenaxe a Ánxel Casal e Avelino Pousa Antelo organizados polo Concello de Teo

Bóveda é "bandeira da nosa redención", pola súa dignidade, pola súa loita polos dereitos nacionais e sociais do pobo galego. Por iso, porque Alexandre Bóveda é patrimonio común de galegas e galegos de nación, o 17 de agosto lembramos a inxustiza do seu martirio e o que significou o xenocidio que perpetraron contra o pobo galego.

Esta ano, a Fundación Alexandre Bóveda "quere lembrar as consecuencias institucionais para Galiza que tivo o golpe militar nun momento de recente aprobación en referendo do Estatuto, a crueldade con que foron masacrados os galegos e galegas demócratas de diferentes ideoloxías pero de conviccións antifascistas e, por último, o que representou Alexandre Bóveda desde o punto de vista humano, intelectual e político e a vixencia dos seus proxectos e ideas no momento actual".

Anova decidiu apoiar os actos programados pola Fundación, que son os seguintes:

SÁBADO 17 DE AGOSTO: DÍA GALIZA MÁRTIR

* ACTO INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO - Ás 13:00 horas diante do Monumento a Alexandre Bóveda (Poio).
Coa participación de Silvia Díaz, concelleira de Cultura de Poio, Carlos Mella, presidente da Fundación Castelao, Xosé Luís Bóveda, vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda e Luciano Sobral, alcalde de Poio.

* XANTAR GALIZA MÁRTIR 2013 - Ao remate do acto institucional no restaurante PAZO DA CAEIRA. Camiño da Ruza 10 (Poio).
Entregarase o VIII Premio Galiza Mártir ao Proxecto Nomes e Voces. Prezo: 25 euros
Para anotarse antes do venres picar nesta ligazón:                                                                                         

https://docs.google.com/forms/d/1ZJcNgshLCTlmUDdRBLn2Jf9uojCG8Sea0a51W8sy6Zc/viewform

* ACTO CÍVICO - Ás 19:00 horas no cemiterio de San Amaro. Conduce Xose Luis Bóveda, vicepresidente da FAB. Intervencións de Lourenzo Fernandez Prieto e Rodrigo Cota. Ofrenda floral perante o sartego de Alexandre e Amalia. [Anova levará unha ofrenda floral].

Así mesmo, Anova participará nos actos de homenaxe a Ánxel Casal e Avelino Pousa Antelo organizados polo Concello de Teo para o 19 de agosto en Cacheiras, que se poden consultar na ligazón:

http://www.concellodeteo.com/actualidade/nova.php?id=1210&lg=gal