Anova esixe unha reforma fiscal xusta e denuncia que, a pesar da crise, o Estado incrementou a recadación fiscal en Galiza

A pesar da crise, o Estado incrementou a recadación fiscal en Galiza en máis de 300 millóns de euros no 2011 respecto ao ano anterior

O 44% do total recadado procede de rendementos de traballo; o 94,2% do IRPF corresponde a persoas asalariadas e pensionistas Anova esixe unha reforma fiscal para que pague máis quen máis ten e para que se supriman os beneficios fiscais das grandes fortunas

 

 

En días pasados, o Ministerio de Facenda fixo pública a Memoria Fiscal da Administración Tributaria Estatal correspondente ao exercicio 2011:

(http://www.minhap.gob.es/Documentacion/Publico/Inspgral/Memorias/Memoria%20Tributaria%202011/MAT_2011.pdf)

Dos datos contidos nesta Memoria (os máis transcendentes poden coñecerse aquí), coidamos que se pode concluír o seguinte:

1. No ano 2011, e a pesar da crise económica, a Administración Tributaria incrementou a súa recadación en algo máis de 300 millóns de euros respecto ao ano anterior, sendo a recadación final global (5.752 millóns de euros) a mesma que no ano 2006 (con anterioridade á crise). Tal incremento de recadación afectou tanto á imposición directa (IRPF) como á indirecta (como consecuencia do incremento dos tipos impositivos do IVE, adoptada en xullo do 2010).

2. Os datos tamén poñen de manifesto que a recadación fiscal procede fundamentalmente dos rendementos do traballo persoal (persoas asalariadas e pensionistas). O 44% do total recadado pola Administración Tributaria Estatal en Galiza procede de ditos rendementos. O 94,2% do recadado por IRPF procede do traballo persoal, mentres se reducen proporcionalmente as achegas dos rendementos do capital, das actividades empresariais ou profesionais ou do imposto de sociedades.

3. Para Anova, os datos poñen de manifesto a necesidade de modificar radicalmente unha estrutura impositiva que grava especialmente as rendas do traballo e o consumo (IVE), mentres mantén paraísos fiscais como as SICAVs e ampara a fraude fiscal das grandes fortunas e sociedades patrimoniais.