ANOVA quere mostrar a súa protesta porque catro cidadáns galegos mañá, 4 de setembro, sexan chamados a declarar na Audiencia Nacional con a acusación de "enaltecemento do terrorismo" simplemente por portar fotografías dos presos independentistas que ademais aínda están á espera de sentencia xudicial.

Entendemos como un acto de defensa dos máis elementais dereitos democráticos o de reivindicar que calquera cidadán galego teña o dereito de cumprir as penas na cadea máis próxima ao seu domicilio, algo que nestes momentos é incumprido de forma sistemática no caso destas persoas privadas de liberdade.

Entendemos que esta actuación xudicia é un intento de criminalizar ao nacionalismo galego no seu conxunto. Chama a atención que estes cidadáns soubesen da súa comparecencia cando abriron os xornais e non polas canles administrativas ordinarias nas que os seus dereitos cívicos se visen respectados

Chamamos ao conxunto no noso pobo a reclamar todos e cada un dos dereitos e liberdades democráticas, sen excepcións de ningún tipo.