Anova apoia a manifestación convocada para o domingo, 6 de outubro, pola asociación Monte Pindo-Parque Natural: por unha Galiza sen lumes e por un rural con futuro. Sairá ás 12h da Alameda de Compostela.

A catástrofe vivida no Monte Pindo matou miles de animais e vexetais, pero tamén espertou miles de conciencias de galegas e galegos que non se resignan a asistir impasíbeis ante a destrución do medio ambiente e rural que nos fai ser o que somos, e polo cambio radical das políticas que nos levaron a que o lume e o abandono do monte sexa unha constante da nosa paisaxe xeográfica e vital.

Le o manifesto completo aquí.