Desfeita no despacho de Gustavo García, tras o ataque. CC BY-SA Gzvideos.info

Anova amosa a súa solidariedade co avogado vigués Gustavo García, que sufriu un ataque ao seu despacho na noite do 3 ao 4 de novembro, perpetrado por un grupo fascista, que causou importantes danos materiais. Gustavo García é un recoñecido letrado, comprometido a través da Fundación Contra a Impunidade na loita pola memoria histórica e contra a impunidade dos crimes franquistas. 

Anova rexeita este violento ataque, intolerábel nunha sociedade democrática que, para selo plenamente, precisa un rexeitamento social e institucional do réxime político franquista e dun rexeitamento claro das organizacións e grupos filo-fascistas.

A tolerancia co fascismo conduce á impunidade e á proliferación das accións violentas como a sufrida por Gustavo García.