Unha delegación de Anova, encabezada por Xosé Manuel Beiras, mantivo unha rolda de contactos con distintas forzas nacionalistas e de esquerda: as CUP, Compromis e EH-Bildu, con quen atopamos grandes coincidencias na "na necesidade de explorar unha unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas dos distintos pobos do Estado para defrontar as Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio".

A rolda de contactos con distintas forzas nacionalistas da delegación de ANOVA encabezada polo seu Portavoz Xosé Manuel Beiras, acompañado polos membros da Permanente Luis Eyré de Relacións Políticas e de Coordinación Martiño Noriega, que comezou o pasado xoves cunha entrevista coas CUP (Candidaturas de Unidade Popular) de Cataluña, Compromís de Valencia onte venres, rematou hoxe en Iruña (Pamplona) cunha reunión coa Coalición EH Bildu na que se salientou a grande coincidencia entre estas forzas políticas na necesidade de explorar unha unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas dos distintos pobos do Estado para defrontar as Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio.

Dende ANOVA atopamos unha grande coincidencia de plantexamento a respecto de que as nacións do estado configuren o seu propio suxeito politico para conformar unha grande plataforma pola ruptura do réxime, para a defensa dos intereses da maioría fronte ás políticas da troika, a defensa dos dereitos das nacións e que podería desembocar nunha coalición para as eleccións europeas.