Reunida hoxe, 23 de novembro, en Santiago de Compostela a Permanente de ANOVA adoptou entre outros os seguintes acordos.
Convocar unha Coordinadora Nacional para o próximo 14 de decembro para fixar data e estabelecer o método de toma de decisión directa por parte da militancia sobre o resultado da fronte ampla e o xeito de participar nas eleccións europeas.
Nesta sesión acordarase tamén, a petición do Portavoz Nacional, o estabelecemento de liñas básicas e temáticas de traballo que ANOVA considere prioritarias para o traballo político na sociedade.
Convocar tamén unha Coordinadora para o próximo mércores 27 de novembro para tomar postura sobre a situación do grupo parlamentar de AGE tras a renuncia de David F. Calviño e a posíbel incorporación de Carme Iglesias Sueiro como deputada do Parlamento Galego.
Acórdase tamén apoiar as mobilizacións de Nunca Máis e apoiar a decisión de recorrer a sentenza da Audiencia da Coruña sobre a catástrofe do Prestige.