O Portavoz de Anova, acompañado dos membros da Permanente Nacional Martiño Noriega Sánchez e Mónica Fernández Rodríguez e de varios membros da Coordinadora de Anova de Ferrol Terra, visitaron aos comités de Navantia, pechados no Concello de Ferrol.

Xosé M. Beiras entrevistouse cos traballadores pechados e mostroulles o apoio de Anova – Irmande Nacionalista ás súas reivindicacións en defensa dos postos de traballo e dun sector estratéxico como é o naval para o noso País.

 

 

O desleixo dos gobernos Central e Autonómico conduciu ao sector naval galego a unha situación límite. No caso de Navantia – Fene – Ferrol e das compañías auxiliares, hoxe cumpriuse o peor prognostico e entraron na paralización total despois de ter rematado o último buque e ficar sen carga de traballo algunha.

Anova anima á cidadanía a apoiar a loita dos traballadores e traballadoras de Navantia e das compañías auxiliares porque ao cabo é a loita de toda a cidadanía galega.