Anova-Irmandade Nacionalista apoia as mobilizacións de rebelión cívica que fan fronte ás políticas contrarias aos intereses da maioría social que aplica o Partido Popular auténtica bridgada de demolición, exercendo de moneco de ventrílocuo da Troika, na Galiza, no Estado español e no ámbito europeo.

 

É por isto que Anova-IN anima á súa militancia e a todo o pobo galego a participar das diferentes mobilizacións que están convocadas, como as que terán lugar hoxe mesmo, 26 de febreiro, tendentes a preparar as Marchas da Dignidade do vindeiro 22 de marzo e as manifestacións de mañá, 27 de febreiro, convocadas pola Alianza Social Galega baixo o lema "Por outra saída da crise".

Con elas preténdese dar unha resposta colectiva ás nefastas políticas antisociais, etnocidas e ecocidas que impoñen os gobernos de Galiza e do Estado Español coa coartada da crise e do pagamento dunha débeda a todas luces ilexítima, seguindo os ditados da UE, do FMI, do BCE e da patronal neoliberal.