A Coordinadora Nacional de Anova-IN reuniuse o pasado sábado, 8 de marzo, para renovar a súa Comisión Permanente e fixar as bases para a escolla, por parte da militancia, das persoas candidatas ás eleccións europeas.

No primeiro punto da orde do día deuse conta de 10 dimisións da Permanente e procedeuse á súa substitución. O portavoz nacional, que é membro nato da Permanente, fixo unha proposta e esta foi aprobada.

Así queda configurada a nova permanente:

- Portavoz Nacional – Xosé Manuel Beiras

- Coordinación – Martiño Noriega Sánchez
- Organización – Iolanda Pérez Docampo
- Comunicación – Manoel Santos
- Acción Institucional – Antón Sánchez García
- Cultura e Patrimonio – Antón López Dobao
- Finanzas – Esther Duro
- Alternativas Programáticas – David Carballal
- Mocidade – Antía Comesaña
- Acción Social – Rafael Dopico
- Igualdade – Xiana López Penedo
- Ambiente e Sustentabilidade – Cristina Amor
- Acción Feminista – Iria Otero
- Diáspora – Brais Fidalgo
- Formación – Xurxo Martínez
- Lingua – Mar Blanco
- Relacións cos Movementos Sociais – Daniel Conde
- Educación – Manuel Barreiro

Nun segundo punto da orde do día, a CN acordou abrir o proceso para que calquera militante se poida postular para ser a persoa candidata por Anova nas eleccións europeas. O método para decidir quen representará á nosa organización será unha votación directa de toda a militancia que o desexe.

Persoas que acompañarán a X. M. Beiras na nova Permanente

 Persoas que acompañarán a Xosé Manuel Beiras na Comisión Permanente