Son os pobos, neste caso o catalán, pero tamén o vasco e o galego, os que deciden a súa constitución como suxeitos políticos soberanos, nunca un tribunal dun réxime sen lexitimidade democrática. Para constituírse en suxeito político soberano, un pobo nunca pide permiso.

Anova-IN considera que o Tribunal Constitucional extralimítase ao pretender coutar, dende un claro sesgo político e ideolóxico, as decisións do Parlament de Catalunya, un organismo composto por representantes políticos escollidos polos cataláns e catalás e que conta coa total lexitimidade para facer as declaracións sobre a súa nación que estime oportunas.