Anova-IN quere lembrar a data do 26 de abril de 1846 para honrar a memoria dos fusilados e dos provincialistas posteriormente represaliados). [Caderno de formación no interior]

Mártires de Carral. Mártires da liberdade

O fusilamento dos altos mandos militares que participaran na revolución de abril de 1846 supuxo co tempo a configuración dun símbolo da loita progresista e nacionalista do pobo galego. Progresista porque os obxectivos revolucionarios trataban de combater as medidas retrógradas do poder conservador e ditatorial; nacionalista porque a xunta revolucionaria asumiu a obriga de defender e promover os intereses do antigo Reino, nun evidente proceso de toma de conciencia nacional.

Anova-Irmandade Nacionalista quere lembrar a data do 26 de abril de 1846 para honrar a memoria dos fusilados e dos provincialistas (posteriormente represaliados) que quixeron poñer fin á humillación e abatemento desta colonia da corte.

O presente obríganos a compartir a mesma loita: poñer fin á humillación sufrida pola cidadanía do común derivada das políticas neoliberais; poñer fin ao abatemento que deixa unha terra empobrecida por mor do paro, da emigración e dos recortes sociais; e poñer fin á condición colonial de Galiza, en materias como a enerxética.

Lembrámolos para comprender e valorar o esforzo dunha xeración por consolidar as bases do nacionalismo galego de coordenadas progresistas e democráticas que aspira a acadar a liberdade para o noso pobo.

Preme na cuberta para baixar o caderno: