Anova – Irmandade Nacionalista apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro luns día 30 de xuño polas centrais sindicais galegas para denunciar a inxustiza das condenas a prisión de catro traballadores e traballadoras por exercer o seu dereito á folga.

A medida que se agravan as políticas agresivas de recortes de dereitos e destrución das conquistas sociais, crecen a represión e a criminalización da protesta. A ofensiva penal contra accións reivindicativas totalmente democráticas ten como obxectivo criminalizar a protesta, a loita e a conquista de dereitos e melloras nas condicións de vida. Impedilas, por tanto. E iso é absolutamente inaceptable ademais de profundamente antidemocrático.

Por esas razóns, ANOVA fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas contra a represión sindical e en defensa das liberdades democráticas.

Lugares e horarios das mobilizacións

  • A Coruña: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.00 h.
  • Ferrol: manifestación dende a Praza de España ás 20.00 h.
  • Compostela: concentración na Praza de Galiza ás 20.00 h.
  • Ribeira: concentración na Praza do Concello ás 20.00 h.
  • Lugo: manifestación dende a Ronda da Muralla (edif. sindical) ás 20.00 h.
  • Viveiro: concentración diante dos Xulgados ás 12.30 h.
  • Monforte: concentración diante dos Xulgados ás 20.00 h.
  • Ourense: manifestación dende a Praza Maior ás 20.00 h.
  • Pontevedra: concentración na Praza da Peregrina ás 20.30 h.
  • Vilagarcía: manifestación dende a Casa do Mar ás 20.30 h.
  • Vigo: manifestación dende Vía Norte ás 20.00 h.