O grupo parlamentar de AGE destacou a obriga de anular e deixar sen efecto inmediato, e con carácter retroactivo, a subida do canón de Sogama imposto pola Xunta de Galicia.

O grupo parlamentar de AGE destacou a obriga de anular e deixar sen efecto inmediato, e con carácter retroactivo, a subida do canón de Sogama imposto pola Xunta de Galicia xa que “de se manter estaríase contribuíndo ao enriquecemento inxusto por parte de Sogama a costa dos concellos e da cidadanía”.

O deputado de AGE, Antón Sánchez, replicou á conselleira de Medio Ambiente, Infraestruturas y Territorio, Ethel Vázquez, que non é suficiente revisar o canon para o vindeiro ano, 2015, tal e como anunciou era a súa intención, senón que é preciso anular desde xa a subida e devolver os cartos cobrados de xeito inxustificado aos concellos este ano 2014.

O deputado Antón Sánchez criticou en rolda de prensa o especial interese e coidado que ten o Goberno galego de non levar a cabo medida algunha que poda prexudicar aos intereses de Gas Natural-Unión Fenosa aínda que isto supoña castigar á cidadanía a pagar máis por decisións ou erros da propia administración como foi o cambio de clasificación levado a cabo polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en 2011 e que foi recorrido polo Estado. “Esta decisión está pendente de resolución xudicial e podería significar a devolución de 24 millóns de euros por parte de Sogama, unhas das razóns principais que xustifica o incremento do canon imposto pola Xunta e non as falsas previsións de perdas que se demostraron erróneas” denunciou Antón Sánchez.

O deputado destacou que do propio informe económico-financeiro das contas de Sogama, elaborado por AGE, 2013 desprendese que mantense o negocio de Unión Fenosa-Gas Natural xa que por exemplo reflicten que Sogama perde pola venda de enerxía pero pola contra gasta máis na compra de enerxía, algo que Antón Sánchez cualificou de “auténtico escándalo”, ao ser Gas Natural (propietaria do 49% do capital) a maior suministradora de Sogama.

Alternativa Galega de Esquerda presentou xa no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei que se insta ao Goberno galego a deixar sen efecto a subida do canon e devolver aos concellos os cartos cobrados inxustamente. Así mesmo, insta á Xunta a presentar o informe sobre o impacto do Real decreto aprobado para as enerxías renovables en Sogama, algo que o deputado Antón Sánchez animou á conselleira a explicar os motivos para non o facer pese a que xa o grupo parlamentar o reclamou en máis dunha ocasión. Así memo, o deputado de AGE convidou ao Goberno autonómico a escoitar as propostas que o seu grupo ten para facer fronte a todas as ameazas que ten na actualidade Sogama xa que “solucións hai, o único que é preciso é que a Xunta abandone esa actitude de submisión e dunha vez por todas lle pare os pés Unión Fenosa-Gas Natural”.

Informe Económico Sogama. O informe desmonta o argumentario do goberno galego para xustificar esta medida e evidencia a súa intencionalidade (Sogama é unha empresa mixta participada nun 51% pola Xunta de Galicia e nun 49% polo Grupo Gas Natural, para quen supón un importante nicho de negocio).

Fonte: AGE