Desde ANOVA-IN queremos manifestar o noso apoio ás mobilizacións convocadas para o 6 de novembro nas sete cidades galegas a prol da campaña “Ocupemos o Obradoiro o #29N” das Marchas da Dignidade.

Queremos facer un chamamento ao Pobo Galego e a cidadanía agredida a saír á rúa coas Marchas da Dignidade para reivindicar con toda a forza que nos da a razón a consigna xusta do Pan, Traballo e Teito. Esiximos que paren as agresións contra todas nós, traballadoras, mocidade, mulleres, emigrantes, xubilados, en definitiva, contra o pobo traballador galego que somos as principais vítimas deste bipartidismo capitalista. Entre todos e todas  debemos derrubar este sistema agresor e conquistar as medidas necesarias para que toda a cidadanía galega  poidamos vivir con dignidade as nosas  vidas.

O #6N todas a rúa pola nosa Dignidade! 

O #6N comezamos a camiñar cara o Obradoiro pola nosa Dignidade! #29N

  • FERROL: 18h30 desde o Monumento do 10 de marzo.
  • PONTEVEDRA: 19h30 desde a Pasarela.
  • VIGO: 20h dende a Praza Fernando O Católico.
  • SANTIAGO: 20h desde a Porta do Camiño.
  • OURENSE: 20h desde o Pavillón dos Remedios.
  • A CORUÑA: 20h desde a Praza de Portugal.
  • LUGO: 20h dense a Ronda da Muralla (edificio da Xunta).