O portavoz de Anova viaxa mañá a Barcelona para participar nun curso sobre dereitos sociais e en varios actos con Guanyem Barcelona. O sábado desprazarase a Madrid como convidado á Asemblea Cidadá de Podemos.

Compostela, 12 de nobembro de 2014-. Concretamente, o xoves ás 16:00 horas, Noriega reunirase coa Coordinadora de Guanyem Barcelona. Máis tarde, ás 18:30, participará no IX Curso de Dereitos Sociais: Gobernos locais, dereitos sociais e profundización democrática, organizado polo Observatori DESC, co tema: Transformación política e municipalismo. No dito curso, polo que xa pasaron académicos como Raimundo Viejo ou Gerardo Pisarello, o voceiro compartirá a súa experiencia municipal nunha mesa redonda con LLuc Vinyes, alcalde de El Figaró e Arnau Comas, asesor de municipalismo de les CUP.

Máis info: http://observatoridesc.org/es/9-curso-derechos-sociales-gobiernos-locales-derechos-sociales-profundizaci%C3%B3n-democr%C3%A1tica

Ao día seguinte, venres, Martiño participará nun Foro de Guanyem para, seguidamente, viaxar a Madrid convidado á Asemblea Cidadá "Si se Pode", de Podemos, que se celebra o vindeiro sábado.