O goberno galego debe pór os recursos de todos os galegos e todas as galegas a disposición dos e das refuxiadas que están a chegar a Europa.

Cando falamos de morte, guerra e destrución non se poden poñer cotas. Nin trescentas, nin cincocentas, nin mil. Moitos galegos e moitas galegas queremos manifestar a nosa solidariedade co sufrimento de seres humanos que consideramos irmás.

A Xunta de Galicia debe poñer a disposición desta grave crise humanitaria unha partida orzamentaria e así dispoñer recursos propios, coordinándose coas diferentes entidades sociais e institucionais. Moitas xa anunciaron publicamente a súa disposición para a creación dunha “rede galega de apoio ao refuxiado”.

Desde Anova queremos tamén denunciar a responsabilidade que teñen os Estados da Unión Europea e a propia institución comunitaria nesta chamada “crise” provocada polo desprazamento de milleiros de seres humanos que escapan das guerras, nas cales moitos Estados da UE teñen responsabilidade directa ou indirecta. A solución da traxedia humanitaria está no levantamento das fronteiras e dos novos muros da vergoña do “telón de arame” que supoñen as fronteiras do “espazo Schengen” e en xeral a meirande parte de políticas desenvolvidas pola Frontex. Pero a solución do problema político só está na superación do sistema de relacións internacionais baseado na piratería e na invasión de países por parte das grandes potencias da UE e dos EUA, así como noutras cuestións como a venda de armamento.

O Pobo Galego sabe ben o que escapar do asasinato e da guerra, da fame e da miseria, por iso hoxe no ano 2015 queremos ser terra de acollida e solidariedade con outros pobos e xentes castigadas de maneira infrahumana pola ditadura que é o sistema global capitalista.

Neste sentido, o noso grupo parlamentar, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria en que esixe á Xunta que declare Galiza “terra de acollida” de persoas refuxiadas que marchan de países en guerra ou empobrecidos. “O noso país debe asumir responsabilidades e asumir unha solidariedade activa coa xente que escapa das guerras e da miseria”, afirman os tres deputados do grupo parlamentario que asinan a proposición non de lei –pnl-, a viceportavoz Yolanda Díaz, Antón Sánchez e Xabier Ron, quen lembran que Galicia “coñece de primeira man o que é ter que deixar un país en procura dun futuro mellor e, por mor da Guerra Civil e a ditadura política, o que significa escapar da guerra ou exiliarse”.

vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria en que esixe á Xunta que declare Galiza “terra de acollida” de persoas refuxiadas que marchan de países en guerra ou empobrecidos. - See more at: http://age.gal/age-pide-a-xunta-declare-galiza-terra-de-acollida-para-persoas-refuxiadas/#sthash.MLTnkg8j.dpuf