As primarias internas de Anova-IN para escoller as persoas a propor para formar parte na lista de En Marea para as eleccións do 26X remataron hoxe ás 11:00 horas cun 61% de participación da militancia.

Galiza, 19 de maio de 2016-. Para o Congreso pola Coruña a primeira opción a propor por parte de Anova para En Marea será a de Gladys Afonso, que acadou un 73,33% do voto nesa circunscrición, seguida por Eduardo García Santiago (11,58%), Jorge Caeiro (11,23%) e Gelasio Varela (3,86%).

No referente ao Senado pola Coruña a máis votada foi Iria Otero (78,34%), seguida por Mónica Montero (21,66%).

En Ourense, para o Congreso, a proposta de Anova será a de Víctor Manuel Gil, que obtivo todo o voto ao non concorrer ninguén máis por esa circunscrición.

No Senado por Ourense a máis votada foi Pilar Barros (56,42%), seguida de David Fdez. Calviño (43,58%).

Por último, no referente ao Congreso por Pontevedra a primeira persoa a propor por Anova, que como é sabido encabezaría a lista de En Marea por esa circunscrición, será novamente Alexandra Fernández, que acadou o 91,72% dos votos, seguida por David Carballal (8,28%).

Consulta sobre as eleccións ás Cortes e a fórmula xurídica

Hoxe mesmo, a partir das 16:00 horas, e até mañá venres ás 18:00h, a militancia de Anova comezará unha nova consulta interna sobre as eleccións ás Cortes. Formularanse dúas preguntas á militancia:

Preguntas

1. Que fórmula xurídica consideras que sería a máis acaída para garantir os obxectivos políticos de En Marea de cara ao 26X?
a) Coalición
b) Partido instrumental

2. Pensas que Anova debe participar nos comicios ás Cortes Españolas en En Marea independentemente da fórmula xurídica expresada por nós, salvagardando o espazo de unidade popular?
a) Si
b) Non