O proxecto do PP suporá recorte e privatización de servizos públicos, o reforzamento das Deputacións e una degradación da autonomía local.

 Diante do Anteproxecto de reforma da administración local, aprobado onte polo Consello de Ministros, Anova manifesta o seguinte :

1.- O proxecto vai supoñer un reforzamento das Deputacións e do Estado central, en detrimento das competencias dos Concellos e da propia Xunta de Galiza.

2.- O proxecto vai supoñer o recorte da oferta de determinados servizos públicos básicos e esenciais...

... (en especial os de educación e servizos sociais) que ata agora viñan prestando os concellos e que agora en moitos casos van desaparecer, ao depender dun impresentable criterio de rentabilidade económica (o proxecto prevé a fixación dun coste estándar, e se o custo real nun concello é superior, o servizo municipal, debe desaparecer, se se trata dun servizo de oferta municipal non obrigatoria ou, de tratarse dun servizo obrigatorio en concellos de menos de 20.000 habitantes, debe ser traspasada a súa xestión á Deputación).

Do mesmo xeito, proxectase que no caso da prestación de servizos polos Concellos en materia de sanidade, educación e servizos sociais, se traspase a súa xestión ás Comunidades Autónomas, para o cal o proxecto fixa uns prazos determinados, pero sen que se coñeza o financiamento e cobertura orzamentaria de dito traspaso.

3.- O proxecto non só non simplifica a estrutura administrativa territorial senon que reforza o papel das Deputacións. No canto de prantexar a supresión das Deputacións o proxecto atribúelles máis competencias e atribucións, reforzando unas institucións ineficintes, caciquiles e contrarias ao interese público.

4.- No canto de prantexar un novo modelo de financiamento local que garante a suficiencia de recursos económicos para os Concellos, o proxecto tamén introduce una potestade desorbitante de control estatal da xestión económico-financieira dos Concellos, mesmo asumindo a competencia o Estado para intervir un Concello se non cumpre coa estúpida doctrina da estabilidade orzamentaria.