ANOVA-Irmandade Nacionalista quere alertar sobre a política nefasta de venda do aparello produtivo galego deixando as empresas galegas ao albur de decisións accionariais alleas ao País. Coa venda da BARRERAS a PEMEX, continúa a desposesión do aparello produtivo galego a cambio dunha máis que dubidosa carga de traballo temporal.

Como a propia empresa mexicana aponta na súa web: "El objetivo que persigue PEMEX, a través del vehículo de inversión seleccionado, es transferir a mediano plazo el conocimiento tecnológico de HJB para crear capacidad constructora de buques especializados en México, a fin de poder atender la demanda de PEMEX (...) Se tiene previsto que el aporte de capital a efectuarse en forma conjunta será inicialmente de 10 millones de euros, cantidad que se estima suficiente para atender las necesidades de capital de trabajo."

Trátase por tanto por parte de PEMEX de adquisición de tecnoloxía (chuchar e transferir tecnoloxía galega aos estaleiros mexicanos) e todo iso a cambio de só 10 millóns de euros e con iso ceder o control do 51% de Barreras. Esta operación será boa para a empresa pública mexicana, PEMEX é estatal, pero una nova má noticia para a pouca empresa galega que aínda queda.

Continúa o espolio: Fenosa, Banco Pastor, agora Barreras... esta é a solución do Goberno Feijóo para a economía galega, facilitar esta sangría?