O Informe de xestión do FONDO DE GARANTÍA DE DEPOSITOS reflicte a 31 do 12 de 2012 unhas perdas de máis de 1.200 millóns de euros. A enxeñería contable fai que a marzo de 2013 este fondo apareza con un superávit de pouco máis de 300 millóns de euros.
Queren facernos pensar que este fondo vai dar liquidez aos aforradores se deciden acollerse ás propostas do FROB.

 

A Resolución do FROB do 7 de xuño marca prazos inamovíbeis. Os aforradores deberán decidir que facer antes do 28 de xuño, e se queren adherirse á liquidez das acción antes do 12 de xullo. Por que tantas présas? Queren marchar de vacacións co traballo feito? Anova esixe que o proceso de Arbitraxe debe continuar sen restriccións.

Os meses de agosto de cada ano o sistema financeiro, aparentemente durmido, nunca deixa de sorprendernos. En setembro de 2008 Lechman Brothers cae en bancarrota. O FROB está apurando unha previsible venda de NCG Banco.

ANOVA-IN quere facer chegar às persoas afectadas por Preferentes e Subordinadas a decisión de impulsar desde o Parlamento Galego todas iniciativas que estean da nosa man co obxectivo de atrasar estes prazos.

O Banco está informando que a sinatura da solicitude de adhesión a canxe e ao fondo de liquidez non impide que os titulares de estes depósitos exerzan accións xudiciais. O texto da oferta de adquisición voluntaria de accións de NCG BANCO que presenta o FONDO DE GARANTÍA DE DEPÓSITOS DE ENTIDADES DE CRETO indica:

Punto 8. ACEPTACION INCONDICIONAL E IRREVOGÁBEL

"As declaración de aceptación dos Destinatarios da Oferta admitiranse dende o primeiro día do prazo de aceptación e serán incondicionais e irrevogábeis. As declaracións que non reúnan as características recollidas na presente Oferta carecerán de validez e non serán admitidas"

A Resolución do FROB insiste en distintos apartados na mesma cuestión.

ANOVA entende que tanto na oferta do Fondo de Garantía como na Resolución do FROB debe figurar que a aceptación da Oferta non implica nen recoñecemento como "inversor" nen implicación legal que restrinxa a efectos legais a posición diante dos tribunais anterior a unha posible aceptación da devandita Oferta. O proceso de Arbitraxe debe continuar sen restriccións. Por que vale para BANKIA e non para NCG Banco?