Anova do Umia presentou alegacións ao expediente de autorización das obras no leito do río Umia, na base do muro de contención do encoro, e solicita o baleirado do encoro do Umia e o cese do aproveitamento hidroeléctrico. Anova denuncia risco de desestabilización e derrubamento do encoro.

Anova entende que o feito de que un encoro presente problemas de funcionamento con só 12 anos de vida amosa a falta de planificación e deficiencias da execución das obras, pois o encoro é incapaz de soportar as riadas. Hai que sinalar que o encoro carece de plan de emerxencia e ten un problema de estabilidade non resolto.

O encoro do Umia nin cumple a función de abastecer de auga potable á poboación nin soluciona os problemas de asulagamento da vila de Caldas.

Anova solicita o baleirado do encoro do Umia, que carece de plan de emerxencia, cun problema de estabilidade non resolto.

Máis información na páxina de Anova Umia.