Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta, no pleno sobre o teito de gasto, impoñer unha "política fracasada, que agrava a recesión" e de "usar a crise como coartada para desmantelar os servizos públicos e vendérllelos aos amigos".

O portavoz nacional de Anova recrimínalle ao "cidadán-presidente" Feijóo eludir responsabilidades políticas no accidente de tren de Angrois.

Xosé Manuel Beiras denunciou o pleno de hoxe como "pitorreo", cando aos grupos parlamentarios non lles chegou a documentación até onte, nun asunto tan serio que supón "reducir a capacidade de gasto do goberno autonómico".