O deputado Antón Sánchez solicita á Xunta todos os contratos asinados con Véndex.

Alternativa Galega de Esquerda rexistrou unha petición parlamentaria (ver aquí) para coñecer todos os contratos asinados pola Xunta de Alberto Núñez Feijóo con Véndex.

"Queremos saber se a trama Pokemon tamén se infiltrou no Goberno autónomo", explica Sánchez, "porque o que podemos ver a través do sumario do caso é que a corrupción é o método xeralizado dun réxime e das súas principais patas políticas". "A podremia apodérase do réxime", engadiu.