O deputado Antón Sánchez sinalou que, pese a non ser a solución definitiva á problemática dos desafiuzamentos e as condicións desiguais entre as entidades financieiras e a cidadanía, si supón un avance significativo respecto da normativa española.

O grupo parlamentar de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou unha iniciativa en comisión parlamentar na que se pide á Xunta de Galicia que inste ao goberno do Estado a inmediata transposición da Directiva da Unión Europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial.

O Parlamento Europeo e a Comisión Europea aprobaron recentemente á Directiva da Unión Europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial que se aplicará aos contratos de crédito garantidos por unha hipoteca ou por outra garantía comparable empregada nun Estado membro, así como aos contratos cuxa finalidade sexa adquirir ou conservar dereitos de propiedade sobre terreos ou edificios. Así, as novas regras adaptaranse aos distintos mercados hipotecarios dos Estados membros nun prazo de dous anos, aínda que a información ao consumidor terá que presentarse nun formato homoxéneo en toda a Unión Europea.

A NOTA DO GRUPO PARLAMENTAR PÓDESE CONSULTAR AQUÍ