O portavoz de Anova e AGE, Xosé Manuel Beiras, denunciou a agresión e represión que está a padecer a cidadanía que farta das políticas agresoras do PP sae a rúa para expresar a súa indignación co goberno.

Como consecuencia, o Partido Popular lonxe de escoitar e ter en conta a voz do pobo opta por detelos, acusalos de terrorismo e criminalizar a todos os que se atrevan a alzar a voz contra eles. Así, mentres no Parlamento de Galiza estase a tratar a necesidade de aprobar unha Lei de de consultas populares, na rúa a cidadanía é detida por exercer o seu dereito a simplemente protestar.

Fonte: Nota do equipo de comunicación de AGE