Xosé Manuel Beiras leva ao Parlamento a crise da Eurozona e someteu á votación dos grupo a Modesta proposición para resolver a crise da Eurozona. Versión 4.0. de Yanis Varoufakis, James Galbraith e Stuart Holland. [Vídeo no interior]

Todos os grupos da oposición apoiaron a proposición non de lei de Alternativa Galega de Esquerda, que esixía que a Xunta demandase ao Goberno español que adoptase ese documento como folla de ruta nos organismos europeos. O PP opúxose e para explicalo enviou ao deputado Pedro Arias, incapaz de artellar coherentemente a súa posición. Beiras amosouse satisfeito de que a Cámara galega acollese un debate sobre a Unión Europea e que todos os partidos explicitanse a súa posición. "Son cómplices dun rexime político europeo que se está cargando a soberanía popular", afirmou o portavoz de Anova e de AGE.

Fonte: AGE

Xosé Manuel Beiras leva ao Parlamento a crise da Eurozona e someteu á votación dos grupo a Modesta proposición para resolver a crise da Eurozona. Versión 4.0. de Yanis Varoufakis, James Galbraith e Stuart Holland. Todos os grupos da oposición apoiaron a proposición non de lei de Alternativa Galega de Esquerda, que esixía que a Xunta demandase ao Goberno español que adoptase ese documento como folla de ruta nos organismos europeos. O PP opúxose e para explicalo enviou ao deputado Pedro Arias, incapaz de artellar coherentemente a súa posición. Beiras amosouse satisfeito de que a Cámara galega acollese un debate sobre a Unión Europea e que todos os partidos explicitanse a súa posición. - See more at: http://age.gal/eurozona-funciona-como-rexime-totalitario/#sthash.db6XqPag.dpuf