Anova non se financia a través da banca nin acepta doazóns de persoas xurídicas, polo que depende da colaboración de todas as persoas que acreditades neste proxecto.

 

Como podes axudar?

A través dos formularios web, escolle cal é a túa opción:

  1. Subscribir un MICROCRÉDITO POR PAYPAL (tarxeta bancaria)
  2. Facer unha DOAZÓN POR PAYPAL (tarxeta bancaria)
  3. Facer unha TRANSFERENCIA xa sexa para achegar unha doazón ou un microcrédito.

Poderás, xa que logo, facer o ingreso ben pola pasarela Paypal, con calquera tarxeta bancaria, ou ben vía transferencia bancaria.

Como imos empregar os cartos?

Estes importes adicaranse na suá totalidade ao financiamento da campaña electoral das eleccións xerais 2015, ás que Anova se presenta a través da coalición En Marea.


MICROCRÉDITO POR PAYPAL. A partir de 300€ e até a cantidade que desexes

Un microcrédito é un préstamo persoal que unha persoa, a título individual, fai a Anova, subscribindo Anova a obriga de devolvelo con cargo aos importes correspondentes á subvención por gastos electorais. Anova achegará á coalición os cartos obtidos mediante esta fórmula en concepto PRÉSTAMO, de xeito que en canto a coalición reciba a subvención por gastos electorais procederase á devolución dos importes prestados. Cantidades aconselladas: 300€/500€/1.000€ ou maiores. Para facelo preme no botón e indícao no campo 'Tipo de Achega'.


DOAZÓN POR PAYPAL. A cantidade que desexes

Unha doazón é unha achega a fondo perdido que unha persoa, a título individual, fai a Anova. Anova achegará á coalición os cartos obtidos mediante esta fórmula en concepto DOAZÓN. Para facelo preme no botón e indícao no campo 'Tipo de Achega'.


TRANSFERENCIA BANCARIA. Doazóns ou microcréditos

Se desexas facer un ingreso por transferencia, xa sexa en forma de doazón ou microcrédito, debes cubrir o formulario e posteriormente ingresar a cantidade no teu banco. Para facelo preme no botón e indícao no campo 'Tipo de Achega'.