David de Toén di que os Orzamentos da Xunta para 2013 son indefendibles pois, dende o punto de vista medioambiental non teñen "non analizan os problema do País", co cal é imposíbel plantexar solucións.

Por exemplo, a consideración do solo como "sustento da biosfera" está ausente nos orzamentos, que non prevén "os impactos sobre o solo das actividades contaminantes, coma a minería". Tampouco se ten en conta a "dependencia enerxética" e a "crise do petróleo" á hora de plantexar políticas de mobilidade, algo que David Fernández cre impresncindíbel. Alternativa Galega propón emendas para "apostar polo transporte público" e evitar a dependencia do transporte privado. Sobre este aspecto, David F. Calviño acusa ao PP de non ter "visión de futuro, só ocorrencias".