Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Beiras: a ética debe estar por riba da política

Xosé Manuel Beiras foi entrevistado por Aida Pena para a Cadena Ser. O portavoz nacional falou sobre ‘En Marea’ e a forma de concorrer ás eleccións xerais, que ao seu xuízo debería ser como partido instrumental para garantir a formación dun grupo parlamentar galego na Cortes, xaora que a fórmula de coalición non funcionou. Beiras apelou ao documento fundacional de 'En Marea', presentado en outubro pasado na compostelá praza de Mazarelos, para convidar ás outras partes da coalición a loitar polo mesmo.

Bruxelas e a barbarie global

Anova-IN, reafirmándose nos seus principios republicanos, laicos e de defensa da igualdade, a liberdade, a fraternidade e a convivencia pacífica entre os pobos e as nacións do mundo, fai constar a súa máis enérxica repulsa polo acontecido hoxe, 22 de Marzo de 2016, en Bruxelas, principal sede das institucións da Unión Europea.

Anova-IN estivo no acto pola posta en liberdade de Arnaldo Otegi

Unha delegación de Anova-IN estivo hoxe, Sábado 5, en Donosti no acto que se celebrou no Velódromo de Anoeta ás 17:30h. Os membros da Comisión Permanente Tania Bouzo e Dani Conde estiveron coas demais delegacións internacionais en representación da organización.

Conferencia Política Nacional

Anova celebrará a súa Conferencia Política Nacional o vindeiro domingo 10 de Abril no Hotel Riazor cidade d´A Coruña.

Boaventura de Sousa, Anna Gabriel e Quim Arrufat en Compostela

O domingo 21 de febreiro visítanos o sociólogo luso Boaventura de Sousa Santos, os membros das CUP Anna Gabriel e Quim Arrufat para reflexionar sobre o percorrido dos movementos sociais planetarios nos últimos 15 anos e a súa influencia na conxuntura actual.

Anova-IN rexeita a ilegalización de Causa Galiza

En Anova temos o compromiso irrenunciábel de apoiar sempre, na medida das nosas posibilidades, a quen sufra calquera caste de represión por defender, a través de medios políticos e pacíficos, as súas ideas.

En Marea, un punto de partida necesario

A Coordinadora Nacional de Anova aposta por seguir avanzando no espazo de confluencia En Marea para mudar a política a nivel de Estado e alcanzar o vindeiro ano a maioría no Parlamento galego.