Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova-Irmandade Nacionalista festexa o Día das Letras Galegas

Porque é unha data simbólica que nos recoñece como pobo, como comunidade cultural e nacional con lingua propia e unha literatura de longa e vizosa tradición, viva coma nunca, en plena produción e coa determinación de encher plenamente os espazos que nos levan ao futuro.

Mártires de Carral. Mártires da liberdade

Anova-IN quere lembrar a data do 26 de abril de 1846 para honrar a memoria dos fusilados e dos provincialistas posteriormente represaliados). [Caderno de formación no interior]

É a hora de 'O Pobo é quen máis ordena'

O 25 de abril é unha data de referencia para as clases populares. É o nome e a data da Revolución, o soño de asaltar o ceo feito realidade durante un breve lapso de tempo.

Anova-IN contra as detencións de estudantes o día 7 de abril

 

As detencións inxustificables de onte son un grao máis no proceso de represión da protesta social, do exercicio do dereito á libre manifestación. Son, como non, un paso máis na criminalización de todo compromiso social e político coa maioría social agredida.

Beiras e o "fascisto rampante" dos gobernos do PP

O portavoz de Anova e AGE, Xosé Manuel Beiras, denunciou a agresión e represión que está a padecer a cidadanía que farta das políticas agresoras do PP sae a rúa para expresar a súa indignación co goberno.

No corazón de Bergantiños, nace Anova Carballo

Cunha xuntanza no Pazo do Souto nacía hoxe un novo grupo local de Anova-IN en Carballo. Ao acto acudiron militantes de toda a comarca, dende Malpica a Carballo ou A Laracha e tamén do Val do Dubra.

O Tribunal Constitucional non respecta o pobo catalán

Son os pobos, neste caso o catalán, pero tamén o vasco e o galego, os que deciden a súa constitución como suxeitos políticos soberanos, nunca un tribunal dun réxime sen lexitimidade democrática. Para constituírse en suxeito político soberano, un pobo nunca pide permiso.