Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Boletín informativo: Acción Institucional [10-II-2014]

Dende AGE, pedimos dimisións, porque non se pode amparar o nepotismo e corrupción, pedimos axudas para o sector agrario ante os danos ocasionados polos temporais, denunciamos as escandalosas condicións do novo concerto con POVISA, reclamamos un plan de dinamización económica e medioambiental con cronoloxía e memoria orzamentada e outro de preservación, restauración, divulgación e investigación do patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra e defendemos as reivindicacións da plataforma SOS Panadeira contra as obras do Náutico de Sanxenxo.

Boletín de Acción Institucional de Anova do 10 de febreiro de 2014. Podes velo na entrada ou descargándoo aquí.

 

Boletín informativo: Acción Institucional [4-II-2014]

Alzamos a voz contra os proxectos de megaminaría, contra o desmantelamento da Sanidade Pública ou contra o paro, e propoñemos unha alternativa urxente para as persoas "afectadas pola hipoteca" e para a construción naval.

Na imaxe, Chelo Martínez e Antón Sánchez visitando os petróglifos que afectaría o parque eólico dos Cotos en Cotobade, con Anova da localidade.

Boletín de Acción Institucional de Anova do 4 de febreiro de 2014. Podes velo na entrada ou descargándoo aquí.

 

Todo listo para a Conferencia sobre o programa das europeas #anovaeuropa

Mañá, 2 de febreiro de 2014, ANOVA - Irmandade Nacionalista celebrará unha conferencia nacional sobre o seu programa para as Eleccións Europeas de maio.

Esta conferencia, convocada pola Cordinadora Nacional de ANOVA, reunirase no Palacio de Congresos de Galiza en Santiago de Compostela de acordo co seguinte horario:

Acreditacións dende as 10 h.

Servizo de gardería dende as 11:30 h.

- 11 h – Presentación do documento programático a debate.
- 11:30 a 14:00 h – Debate e votación de achegas ao documento base.

14:00 a 16:00 h – Pausa para xantar.

- 16:00 a 18:00 h – Debate e votación de achegas ao documento base.
- 18:15 h – Votación do documento base coas achegas incorporadas.
- 18:30 h – Clausura da Conferencia Nacional.

O horario de remate é indicativo, por canto que pode haber tanto retraso como adianto en función do desenvolvemento dos traballo da sesión.

A documentación completa aquí.

Pola inmediata transposición da Directiva europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial

Alternativa Galega de Esquerda insta á Xunta de Galiza a demandar do goberno do Estado a inmediata transposición da Directiva europea sobre contratos de crédito para bens inmobles de uso residencial xa que, aínda que non constitúe a solución definitiva á problemática dos desafiuzamentos, si supón un claro avance respecto da normativa española no tocante a protección e defensa da cidadanía.

A Proposición Non de Lei rexistrada no Parlamento de Galiza pode consultarse aquí.

Flotel: só un alivio

ANOVA, ante a noticia de que NAVANTIA conseguíu o contrato da construción do flotel, expresa as seguintes consideracións: