Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova fixará en decembro un método para a toma de decisión directa da militancia sobre a fronte ampla para as europeas

Reunida hoxe, 23 de novembro, en Santiago de Compostela a Permanente de ANOVA adoptou entre outros os seguintes acordos.
Convocar unha Coordinadora Nacional para o próximo 14 de decembro para fixar data e estabelecer o método de toma de decisión directa por parte da militancia sobre o resultado da fronte ampla e o xeito de participar nas eleccións europeas.
Nesta sesión acordarase tamén, a petición do Portavoz Nacional, o estabelecemento de liñas básicas e temáticas de traballo que ANOVA considere prioritarias para o traballo político na sociedade.
Convocar tamén unha Coordinadora para o próximo mércores 27 de novembro para tomar postura sobre a situación do grupo parlamentar de AGE tras a renuncia de David F. Calviño e a posíbel incorporación de Carme Iglesias Sueiro como deputada do Parlamento Galego.
Acórdase tamén apoiar as mobilizacións de Nunca Máis e apoiar a decisión de recorrer a sentenza da Audiencia da Coruña sobre a catástrofe do Prestige.

Presentacións do libro Exhortación á desobediencia, de X. M. Beiras

Ética democrática e, na esquerda, ética de esquerdas. Fraternidade. Cooperación e non competición. República, democracia participativa, primacía dos dereitos colectivos, igualitarismo, autodeterminación cara a independencia, socialización, home novo/muller nova, nova cultura. Son os eixes reitores da Declaración de Láncara, que Xosé Manuel Beiras debullaba en recollendo o Premio Ramón Piñeiro "Facer País" en outubro de 2005.

O primeiro acto sobre o novo libro de Xosé Manuel Beiras (Exhortación á desobediencia. Laiovento, 2013) terá lugar o martes 26 de novembro, ás 20:00 horas, na libraría Couceiro de Compostela.

Encontro de delegacións de Anova e EH-Bildu hoxe en Pamplona

Unha delegación de Anova, encabezada por Xosé Manuel Beiras, mantivo unha rolda de contactos con distintas forzas nacionalistas e de esquerda: as CUP, Compromis e EH-Bildu, con quen atopamos grandes coincidencias na "na necesidade de explorar unha unidade de acción das forzas nacionalistas e das esquerdas rupturistas dos distintos pobos do Estado para defrontar as Eleccións Europeas do vindeiro mes de maio".

A indecencia da sentenza do Prestige

"Estamos ante unha absolución de toda responsabilidade á administración e ao poder político que contan cunha impunidade total para poder cometer o crime que queiran cometer deixando na máis absoluta indefensión aos cidadáns" - sinalou Xosé Manuel Beiras.

Porque nos importa a soberanía alimentaria: xornadas en Rianxo e Sober

Anova impulsa hoxe ás 20 h en Rianxo unha charla-coloquio e o domingo en Sober unha xornada práctica para achegarse á agricultura rexeneradora, con vantaxes económicas, sociais e ambientais

Anova aposta polos novos paradigmas de soberanía alimentaria, sustentabilidade e multifuncionalidade da agricultura e pola incorporación de mozas e mozos á actividade agraria en Galicia, unha medida necesaria máis para intentar inverter a pirámide de poboación galega no ámbito rural.

Rexeitada a comisión de investigación do accidente de Angrois

"Son precisamente as vítimas de #angrois as que piden unha comisión de investigación". "O auto do xuíz Aláez fala de responsabilidades políticas, por iso incumbe aos organismos políticos investigar", dixo Beiras na defensa dunha comisión de investigación para o accidente de Angrois.