Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova apoia a folga contra a LOMCE

Anova apoia a folga do 24 de outubro contra a LOMCE convocada pola Plataforma en Defensa do Ensino Públco, así como as manifestacións e concentracións en cidades e vilas galegas convocadas para as 11:30 h.
A LOMCE é unha lei educativa retrógrada, centralizadora e elitista que a loita cidadá vai rematar por parar.

Accede á nosa análise sobre a lei aquí: LOMCE: regresión de décadas no ensino público, unha lei inxusta, sexista, centralista e antidemocrática.

Xornada de lingua da mocidade de Anova: homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

A mocidade de Anova, xunto coa asemblea de Anova de Ferrol, organiza a xornada sobre lingua "homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero.

Será o domingo, 27 de outubro, no IES Concepción Arenal de Ferrol. Falaremos de sociolingüística, lingua e medios de comunicación e normativas. Ademais, haberá unha ofrenda floral a Carvalho Calero.

Beiras censura que Feijóo use as vítimas do accidente de Angrois para adobiar un discurso a anos luz da vida da xente

"Hai que ter o estómago de caucho para utilizar as vítimas, os veciños de Angrois, os maltratados traballadores da función pública ou aos voluntarios para parasitar unha traxedia da que eles mesmos foron responsábeis". Para Xosé Manuel Beiras o discurso de Alberto Núñez Feijóo no debate de estado da nación caracterizouse, sobre todo, por "quedar descualificado no ámbito da ética máis elemental".

 

O Partido Popular pretende amordazar o Parlamento

Para o próximo debate do Estado da Nación a maioría do PP pretende impoñer medidas restritivas para impedir que os portavoces poidan expresarse en liberdade e en condicións que permitan comunicar a súa visión sobre aquel.

Consideramos especialmente grave que o PP pretenda impoñer unha censura previa establecendo que sexa a Mesa do Parlamento quen escolla cales son os temas que se tratan e cales non en función da súa discrecionalidade de considerar cales son pertinentes e cales non coa temática de fondo do debate, claro, todo iso a través dun órgano no que o PP ten a maioría tamén. A maiores pretenden que as iniciativas leven unha soa pregunta co que reducen a posibilidade de encadear cuestións sobre o mesmo asunto.