Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova apoia a manifestación contra os incendios e “Por unha política forestal sostible. Servizo único público e profesional. Non máis lumes”

Anova apoia e insta á cidadanía a acudir á manifestación convocada para este domingo, 29 de setembro, pola plataforma en Defensa do Servizo Público de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais que baixo o lema "Por unha política forestal sostible. Servizo único público e profesional. Non máis lumes" reclamará á Xunta de Galicia que outra política forestal.

 

Polo aborto libre, seguro e gratuíto: manifestación o 28S

A Plataforma Galega polo Dereito ao aborto-na que Anova está integrada- convoca MANIFESTACIÓN NACIONAL o vindeiro sábado 28 de setembro ás 17.30h co saída dende a Estación de Tren de COMPOSTELA. O 28 de setembro é un día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto.

Beiras defende un suxeito político galego que se coordine co resto do Estado nunha fronte ampla

O portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, explicou a proposta de fronte ampla lanzada pola Coordinadora Nacional de cara aos comicios europeos, que pasaría por crear un suxeito político galego que leve a cabo un acordo coas demais nacionalidades históricas e co resto do Estado para concorrer ás eleccións do ano que vén.

Anova solidarízase coa veciñanza de Carnota e apoia a declaración do Monte Pindo como Parque Natural

Anova solidarízase coa veciñanza de Carnota ante os desastres do incendio que arrasou o Monte Pindo.
Consideramos que o comunicado público da Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural acerta na diagnose dos problemas do Pindo e os lumes e, dende Anova, apoiamos todas as súas reivindicacións, comezando pola declaración inmediata do Monte Pindo como Parque Natural.

 

Anova proponlles ás forzas nacionalistas e de esquerda unha fronte ampla para a ruptura democrática nas eleccións europeas

A Coordinadora Nacional de Anova, reunida en Teo o 14 de setembro de 2013, acorda pular por unha fórmula de fronte ampla non excluínte para as eleccións europeas.

As vindeiras eleccións europeas poderiamos abordalas como unhas eleccións máis para representar a Galiza no Parlamento Europeo, mais Anova debe apostar por convertelas nun plebiscito do réxime ou, polo menos, nun ensaio xeral da creba democrática.

ANOVA participa na Cadena Humana por Catalunya

O Responsábel de Relacións Políticas de ANOVA Luis Eyré, dentro do programa de contactos e actividades que está a levar con todas as forzas nacionalistas de esquerda do estado español, participa nos actos da Diada de Catalunya este 11 de setembro convidado por Esquerra Republicana de Catalunya.
Entre os actos previstos está a participacion na Cadea Humana que as forzas políticas de Catalunya organizan para reivindicar o dereitos nacionais e a soberanía desa nación que ANOVA apoia plenamente.