Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova amosa a súa protesta polo chamado a declarar a catro cidadáns galegos por suposto "enaltecemento do terrorismo"

ANOVA quere mostrar a súa protesta porque catro cidadáns galegos mañá, 4 de setembro, sexan chamados a declarar na Audiencia Nacional con a acusación de "enaltecemento do terrorismo" simplemente por portar fotografías dos presos independentistas que ademais aínda están á espera de sentencia xudicial.

Anova aposta por un cambio de modelo contra os incendios

Antón Sánchez García, responsábel de Medio Ambiente de Anova, expuxo os argumentos a prol dun cambio profundo das políticas para o rural como solución á lacra dos lumes. Débese incrementar o esforzo en prevención, promover a educación ambiental e camiñar cara un modelo de extinción profesionalizado e simplificado.

Con respecto aos lumes deste ano, Antón Sánchez acusou á Xunta de tratar de xeito "infantil, mentireiro e manipulador" un problema estrutural.

Anova apoia as "Dez medidas para loitar eficazmente contra o lume"

A petición por "unha nova política forestal que evite os incendios", formulada por distintas organizacións sociais galegas e apoiada por centos de sinaturas cidadás, rexistrouse hoxe en San Caetano.

Transcribimos literalmente o texto da petición.

Anova chama ao exercicio de indignación cidadá ante a nova agresión militar que preparan os USA contra Siria

ANOVA manifesta o seu máis rotundo rexeitamento a esta nova agresión militar á marxe do dereito internacional, ao tempo que esixe o respecto pola lexítima soberanía dos países.

Esta nova agresión militar forma parte da estratexia de dominio polo terror ao servizo dos intereses das multinacionais petroleiras e do complexo militar-industrial norteamericano polo control dos xacementos petrolíferos desa rica rexión xeo-política.

A imputación penal dos responsables de seguridade de ADIF confirma o dito por Anova

A imputación penal dos máximos responsables de Adif e Renfe é ineludible, os pactos de silencio, intolerables, o cambiazo no AVE galego, un delito penal

O Auto do Xulgado confirma a evidencia de que se a rede estivera dotada das axeitadas medidas de seguridade o accidente non se tería producido coas consecuencias gravemente danosas para as persoas afectadas.

Anova esixe unha reforma fiscal xusta

Anova esixe unha reforma fiscal xusta e denuncia que, a pesar da crise, o Estado incrementou a recadación fiscal en Galiza

A pesar da crise, o Estado incrementou a recadación fiscal en Galiza en máis de 300 millóns de euros no 2011 respecto ao ano anterior

O 44% do total recadado procede de rendementos de traballo; o 94,2% do IRPF corresponde a persoas asalariadas e pensionistas Anova esixe unha reforma fiscal para que pague máis quen máis ten e para que se supriman os beneficios fiscais das grandes fortunas

 

Día da Galiza mártir: non esquecemos a Bóveda

O asasinato de Alexandre Bóveda representa o intento de exterminio do pobo galego consciente, un pobo en pé que reclamaba ser suxeito político

Bóveda é un facho, unha "labarada que chega ao ceo" no regueiro de mortes dun réxime totalitario de terror que non deixou de matar, do 36 ao 75

Anova decidiu apoiar os actos programados pola Fundación Alexandre Bóveda para o 17 de agosto. Así mesmo, Anova participará nos actos de homenaxe a Ánxel Casal e Avelino Pousa Antelo organizados polo Concello de Teo

Anova denuncia a insolvencia do proxecto de Corcoesto

Anova denuncia que o anuncio de Mineira de Corcoesto de que as reservas de ouro triplican as anunciadas confirma a insolvencia do proxecto
Antón Sánchez manifesta que "tal anuncio fraudulento vén causado pola necesidade urxente de financiamento e para que cadren as contas no informe final de viabilidade do proxecto"

Anova considera evidentes graves responsabilidades penais no accidente de Angrois

Tendo recoñecido RENFE e ADIF que o accidente se podería ter evitado se estiveran instaladas as medidas de seguridade esixidas a unha rede de alta velocidade e que algunhas das instaladas non estaban en funcionamento, a responsabilidade penal é evidente.

Anova esixiu publicamente a constitución dunha comisión de investigación no Parlamento de Galiza, comisión que ten por obxecto non só a investigación das causas do accidente senón tamén o estado xeral de seguridade da rede ferroviaria a nivel xeral e do tramo Santiago-Ourense en particular.

Fronte á podremia irrefomábel do réxime borbónico, creba democrática e proceso constituínte galego: unha fronte ampla pola democracia real

Fronte á podremia irrefomábel do réxime borbónico, creba democrática e proceso constituínte galego: unha fronte ampla pola democracia real.

Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova, debullou o pasado sábado, 3 de agosto, o balance de fin de curso político da nosa organización política. No marco estatal, a única saída está na aposta por unha "creba democrática" desta segunda restauración borbónica, un proceso protagonizado polos cidadáns e cidadás e trasladado á instancia política polas forzas rupturistas que realmente conecten con esa cidadanía.

Sobre as medidas de seguridade habilitadas a posteriori na vía Ourense-Santiago, Beiras dixo que son unha "Excusatio non petita, accusatio manifesta", que son unha auténtica "autodenuncia" pública dos responsábeis de Renfe e Adif.