Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

En Marea, seguimos camiñando

O espazo de confluencia está creado. E medra cada día. Porén, cómpre melloralo no fondo e nas formas, seguir incluíndo actores, implementar canles de participación e continuar desenvolvendo o proxecto político. Ao cabo, procurar a hexemonía.

Anova En Marea

En Marea Anova

Na necesidade de materializar esa idea de Marea Galega que vive xa no imaxinario colectivo, xorde En Marea. É a seguinte fase do proceso de acumulación de forzas e unidade no que Anova se implica activa e xenerosamente desde o seu nacemento.

O cambio non se detén

Acto en Barcelona, o cambio non se detén

Intervención de Xosé Manuel Beiras no acto El canvi no s'atura, en Barcelona o domingo 25 de outubro de 2015. No acto interviron, ademáis, Ada Colau, Marta Sibina, Gerardo Pisarello, Xavi Domènech e Olga Rodríguez.