Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Beiras califica o teito de gasto de "crime social" e coartada para "vender os servizos públicos" aos amigos.

Xosé Manuel Beiras acusa á Xunta, no pleno sobre o teito de gasto, impoñer unha "política fracasada, que agrava a recesión" e de "usar a crise como coartada para desmantelar os servizos públicos e vendérllelos aos amigos".

O portavoz nacional de Anova recrimínalle ao "cidadán-presidente" Feijóo eludir responsabilidades políticas no accidente de tren de Angrois.

Xosé Manuel Beiras denunciou o pleno de hoxe como "pitorreo", cando aos grupos parlamentarios non lles chegou a documentación até onte, nun asunto tan serio que supón "reducir a capacidade de gasto do goberno autonómico".

Anova ante o accidente de Angrois pide unha comisión de investigación no Parlamento de Galiza

A esixencia da verdade das causas non pode quedar impedida por mezquiños intereses económicos de ADIF-Renfe

As declaracións dos máximos responsables de ADIF-Renfe evidencian a realidade: nin o tramo Santiago-Ourense é alta velocidade, nin as medidas de seguridade eran as previstas e nin sequera estaban en funcionamento as instaladas

Anova reitera o seu pesar pola traxedia ferroviaria ocorrida o pasado 24 de xullo perto de Santiago, traslada o seu pésame ás familias e amizades das vítimas e desexa unha pronta recuperación ás persoas feridas

Anova esixe que se constitúa unha comisión de investigación no Parlamento de Galiza

 

Anova suspende os actos do Día da Patria en sinal de dó

Anova suspende, en sinal de dó, todos os actos previstos para o Día da Patria e amosa o seu pesar ás familias das vítimas do tráxico accidente de tren ocorrido hoxe, 24 de xullo, en Santiago de Compostela.

O noso máis sentido pésame ás familias.

 

A Coordinadora Nacional de Anova escolleu a composición da Comisión Permanente

A Coordinadora Nacional de Anova, na súa xuntanza de hoxe, 13 de xullo de 2013, escolleu a Comisión Permanente da organización. Ademais do portavoz nacional, Xosé Manuel Beiras, elixido directamente pola Asemblea Nacional, a Comisión Permanente estará composta por 19 persoas, coas respectivas áreas de traballo.

A pantomima fraudulenta da Xunta de Galiza en Corcoesto

A esixencia de solvencia financieira non é maís que un requisito legal co que lexitimar posteriormente unha autorización xa decidida. Anova precisa a seguir a negativa situación económico-financieira da empresa. As accións de Edgewater baixaron onte un 16,7% na Bolsa de Toronto.

Esiximos o rexeitamento total do proxecto mineiro de Corcoesto.

A presión social consegue que a Xunta dea un pequeno paso atrás e paralice o plan, pero o señor Núñez e o seu Goberno non poñen o foco no impacto medioambiental e social da mina. Antón Sánchez: "é preciso garantir o respecto á soberanía popular e non a vender a prezo de saldo a multinacionais coloniais e depredadoras".