Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

AGE non participará na pantomima da comisión de investigación das caixas se non se levanta o carácter secreto da información

Xosé Manuel Beiras anuncia que, pese a que continuaremos o traballo de consulta e investigación, "non nos sentimos obrigados a manter o segredo da comisión das caixas". Practicaremos a desobediencia e o desacato porque consideramos "anticonstitucional" a imposición do PP de manter o silencio respecto ao que descubramos sobre as extintas caixas galegas. Asemade, esiximos toda a información sobre a estafa das Preferentes.

Por que tantas présas coas preferentes?

O Informe de xestión do FONDO DE GARANTÍA DE DEPOSITOS reflicte a 31 do 12 de 2012 unhas perdas de máis de 1.200 millóns de euros. A enxeñería contable fai que a marzo de 2013 este fondo apareza con un superávit de pouco máis de 300 millóns de euros.
Queren facernos pensar que este fondo vai dar liquidez aos aforradores se deciden acollerse ás propostas do FROB.

Anova diante do xuízo a catro persoas cidadás galegas

Nos próximos días 24 e 25 de xuño terá lugar na Audiencia Nacional un xuízo contra catro persoas, cidadás galegas, acusadas sobre a lexislación antiterrorista, da que diferentes organismos internacionais consideraron que vulnera os dereitos humanos.

Denunciamos a excepcionalidade xurídica á que foron sometidas as persoas procesadas, que levan preto dun ano e medio sen xuízo e dispersadas en diferentes cadeas do Estado, contradicindo a propia lexislación sobre materia penitenciaria do Reino de España.

 

Deixounos "Pico": que a Terra che sexa leve

Anova lamenta o falecemento do actor Xosé Manuel Olveira "Pico" e mándalle unha forte aperta a familia e amizades.

Xosé Manuel Olveira é unha referencia do teatro e cinema galego e unha perda irreperábel para o mundo cultural galego, ameazada polas políticas destrutivas do goberno de Feijóo. Na memoria de "Pico" e de tantas outras persoas, seguiremos a loitar polo dereito á Cultura, polo dereito a sermos nós.

O barco de Anova: travesía en defensa do mar e da terra

Un evento cultural aberto en defensa do mar e da terra. Sábado, 22 de xuño de 2013. Toda a información en Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Ferrolterra esixe solucións

Ferrolterra esixe solucións. Estamos fartas de promesas incumplidas. Chamamos á cidadanía a que apoien activamente a Folga Xeral de mañá día 12.