Galiza é a Comunidade do estado onde máis descenden as ventas e a ocupación do comercio minorista. Mentres os comercios esmorecen ou pechan, o PP segue favorecendo ás grandes superficies comerciais.
Debate sobre a corruPPción en Compostela Mércores, 29 de Maio de 2013. 19:30. Libraría Couceiro. Pza de Cervantes. Compostela. Organiza: Anova Compostela.
Xosé Manuel Beiras equipara as normas do Goberno de Rajoy cun imaxinario apoio aos gangsters no Chicago dos anos vinte e trinta. As denominadas participacións preferentes, unha estafa organizada por bancos e caixas e posibilitada pola lasitude ética do neoliberalismo que afecta a 85.000 persoas en Galicia, foron "unha fraude sen control ningún".
Xosé Manuel Beiras propón acampadas para paralizar a mina de Corcoesto e solicita un referendo entre toda a cidadanía sobre o proxecto. "É unha cuestión de supervivencia", dixo, "non é unha broma". Beiras tamén instou ao PP a retirar o documento de inicio do "Plan sectorial de actividades extractivas de Galicia", que califica Corcoesto como "proxecto industrial estratéxico".
Onte, 17 de maio, Xosé Manuel Beiras acompañou os representantes do Grupo de Lingua de Anova nunha rolda de prensa para presentar o manifesto polo 17 de Maio. A responsable de lingua, Mar Blanco, presentou o traballo realizado polo grupo centrado no contacto con distintas asociacións a prol da lingua e nas actividades de conmemoración de Cantares gallegos, cun acto nas redes sociais e para o vindeiro outono cunha acción pública en Padrón. >> Consulta o manifesto aquí.
A Coordinadora Nacional de ANOVA, reunida en Santiago na súa sesión do pasado sábado 11 de maio, acordou, entre outras cosas, previo informe do seu Portavoz Nacional Xosé Manuiel Beiras e a proposta da súa Permanente Nacional, estabelecer contactos formais co Bloque Nacionalista Galego, pero adiando os mesmos até o remate da súa vindeira 1ª Asemblea Nacional dos días 8 e 9 de xuño, correspondendo por tanto á nova dirección saínte da mesma a formalización dos mesmos.
Beiras denuncia que a conselleira de Facenda "ten o mérito dos computadores, métenlle o programa e recítao sen importarlle o que acontece". "Nesta colonia periférica do protectorado español do IV Reich", afirmou eiras, "vostedes compórtanse como unha UVI que para aforrar gasto reducen o tratamento dos pacientes".
Organizando Anova cultura política. O mércores, 15 de maio, ás 20:30 h no Teatro Principal da Estrada. Con Mar Blanco Casais, David Fernández Calviño e Martiño Noriega.