Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Venda de Barreras: pan para hoxe? Fame para mañá: seguro

ANOVA-Irmandade Nacionalista quere alertar sobre a política nefasta de venda do aparello produtivo galego deixando as empresas galegas ao albur de decisións accionariais alleas ao País. Coa venda da BARRERAS a PEMEX, continúa a desposesión do aparello produtivo galego a cambio dunha máis que dubidosa carga de traballo temporal.

Beiras acusa ao PP de ter unha "visión totalitaria do poder"

Xosé Manuel Beiras acusa ao PP de ter "unha visión totalitaria do poder" e de darlle a volta á democracia ao se negar a responder á oposición. Beiras encárase con Feijóo para demandarlle "un pouco de decencia". "Nós solicitamos a dimisión do señor Núñez e veñen eles e queren controlar a oposición no canto de explicar o que se lles pregunta", dixo.