Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Encontro con Beiras en Lugo

Encontro aberto con Xosé Manuel Beiras, voceiro de Anova, en Lugo. Este mércores, 17 de abril, ás 20 h no salón de actos da Casa Sindical (Ronda da Muralla) en Lugo.

Conferencia de Beiras na UdC

Mañá venres día 12 de abril, ás 12 horas, na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña, Xosé Manuel Beiras impartirá unha conferencia sobre "O atraso Económico de Galicia: corenta anos despois" organizada pola citada Facultade con motivo de cumprírense os 40 anos da edición do emblemático libro sobre a economía galega.

Fascismo e Gran Capital: charla en Compostela

A área de Mocidade de Anova organiza a charla "Fascismo e Gran Capital" co historiador J. R. Pauwels este venres, 12 de abril, na librería Couceiro de Compostela ás oito da tarde.

Anova lamenta o falecemento de José Luis Sampedro

Anova-Irmandade Nacionalista lamenta o falecemento do economista e escritor José Luis Sampedro. A súa calidade humana, a lucidez para a comprensión do ciclo histórico no que vivimos e a súa radicalidade democrática son inspiración para milleiros de persoas que reclamamos "outro mundo posible". 

Que a Terra che sexa leve.

Encontro aberto con Beiras en Valdeorras

O Portavoz Nacional de ANOVA, Xosé Manuel BEIRAS, participará nun "Encontro aberto con Beiras" no Centro Multiusos do Barco de Valdeorras, mañá sábado ás 19:00 horas.

Preparan outra estafa como a das preferentes

O deputado Antón Sánchez afirma que o proxecto de Lei de estradas de Núñez Feijó prepara unha estafa como a que están facendo coas preferentes. Os aforros e os cartos dos cidadáns e das cidadás pasan aos bancos e ás empresas construtoras.

Confirmada a estafa das preferentes

As persoas afectadas perderán case a metade dos aforros. Xosé Manuel Beiras di que a "quita" é un roubo e que o poder político é responsábel por arrugarse ante o poder financeiro.