Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Unha gran coalición contra os gobernos do cambio?

Martiño Noriega e Xulio Ferreiro

As agrupacións locais do PPdeG e mailo PSdG-PSOE en Compostela e na Coruña, en sospeitosa conivencia, bloquean irresponsablemente a constitución das estruturas de funcionamento dos gobernos das mareas. A pinza entre os partidos do réxime contra os gobernos de unidade popular é unha burla á democracia.

Por un 25 de xullo para o pobo galego

Anova explorará a posibilidade de apoiar, e xa que logo participar coa súa militancia, nunha mobilización nacional “convocada polo pobo galego”, na que as organizacións partidarias colaboren deixando a un lado as súas siglas para ceder o protagonismo ao estrato cidadán no sentido amplo, tanto na convocatoria, como no lema, na cabeceira e nas intervencións finais.

Graciñas pola túa achega

Graciñas por enviar a túa achega

A túa colaboración é imprescindíbel para seguir mantendo a Anova afastada da dependencia bancaria

Nin unha máis!

Dende Anova-Irmandade Nacionalista queremos manifestar que hoxe sentimos unha enorme rabia, indignación e impotencia polo feminicidio acontecido no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Un 18 de abril de #NonAoTTIP #April18DoA

Anova-Irmandade Nacionalista súmase ao Día de Acción Global contra os TLC que se desenvolverán a nivel mundial este sábado 18 de abril, e fai un chamamento á tódalas organizacións, plataformas, asociacións e persoas para saír á rúa para loitar contra este tipo de tratados.

Eduardo Galeano, un eterno compañeiro

Anova-Irmandade Nacionalista, e especialmente o seu portavoz Xosé Manuel Beiras, choramos hoxe o pasamento do máis grande entre os grandes, Eduardo Galeano. Un amigo. O amigo.

Beiras denuncia a criminalización do movemento veciñal de Vigo e solidarízase co activista Xurxo a quen piden dous anos e medio de cadea

O portavoz de Anova e AGE, Xosé Manuel Beiras, e mailo grupo parlamentar apoian a loita do barrio de Coia en defensa dos dereitos sociais e unha política ao servizo da cidadanía. Pola súa banda, o portavoz Martiño Noriega apoiará mañá a concentración "Todas somos Xurxo" nos xulgados de Vigo.